Case 70 anos despois e cun Prato de Ouro da Gastronomía no noso haber, seguimos facendo da cociña galega tradicional a nosa seña de identidade, engadindo ós nosos pratos de sempre unha carta cunha gran variedade de peixes frescos e carnes á grella como a raza autóctona limiá, a Angus ou o vacuno maior.
Seguimos a elaborar os callos coa receita orixinal coa que Sara os preparaba nos días de feira de Castro. Recomendámosche o bacallau á portuguesa, a pescada recén chegada do porto de Burela nas súas múltiples preparacións e as saborosas carnes á grella ou preparadas á pedra na propia mesa ó teu gusto
Horario:
Luns, martes, xoves e venres: 10:00 - 23:00h
Mércores: 7:00 - 23:00h
Domingos e festivos: 11:00 - 23:00h
Sábados: Pechado