No servizo de carta poderás degustar as distintas partes desta magnífica raza:
Tódolos despeces son elaborados na nosa grella, excepto a carne á pedra que poderás preparar ó teu gusto na propia mesa.
O nivel medio de infiltración da graxa nesta carne xunto cunha boa capacidade de retención de auga e unha maduración de duración non superior a 7 días en refrixeración trae como resultado unha carne dunha tenrura e xugosidade únicas.
Terás á túa disposición a Raza limiá durante todo o ano, ademáis de nas xornadas de degustación que realizamos de forma anual para a promoción da carne desta raza. Para asegurarte de que o despece que máis che gusta está dispoñible recomendámosche facer a reserva chamándonos ao 982 310 037.
Horario:
Luns, martes, xoves e venres: 10:00 - 23:00h
Mércores: 7:00 - 23:00h
Domingos e festivos: 11:00 - 23:00h
Sábados: Pechado