100% Raza Limiá

Desde Xullo de 2016 somos o único restaurante de Galicia que conta co distintivo 100% Raza Autóctona do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, o que certifica que só aquí consumirás Raza 100% Limiá, un produto de calidade, 100% proximidade e 100% apoio aos nosos gandeiros.

Menú 100% Limiá

Na nosa carta poderás degustar as distintas partes desta magnífica raza:

  • Chuleta de Limiá
  • Churrasco de Limiá
  • Entrecot de Limiá
  • Chuletón de Limiá
  • Filete de Limiá
  • Carne á pedra

Tódolos despeces son elaborados na nosa grella, excepto a carne á pedra que poderás preparar ó teu gusto na propia mesa.

 

Así mesmo tamén atoparás pratos elaborados con raza Limiá no noso menú do día, como guisos, tenreira asada, churrasco, carne ao caldeiro e osobucco de tenreira.

¿Por que elixir 100% Limiá?

O nivel medio de infiltración da graxa nesta carne xunto cunha boa capacidade de retención de auga e unha maduración de duración non superior a 7 días en refrixeración trae como resultado unha carne dunha tenrura e xugosidade únicas.

Terás á túa disposición a Raza 100% Limiá durante todo o ano, ademáis de nas xornadas de degustación que realizamos de forma anual para a promoción da carne desta raza. Para asegurarte de que o despece que máis che gusta está dispoñible  recomendámosche facer a reserva chamándonos ao 982 310 037.